IV San Silvestre (Virtual)
De Monterroso

Do 24 de Decembro de 2020 ó 6 de Xaneiro de 2021

Solidarízate co obxectivo común: SUPEREMOS OS 2020 Km

Obxectivo Común San Silvestre 2020

Un ano máis chega a carreira popular de San Silvestre. Este ano ven marcada pola situación que nos tocou vivir do COVID-19, lonxe de desistir na súa celebración, decidimos ser ambiciosos e crear un reto conxunto. O RETO DE SUPERAR O 2020 CON 2021km!

Igual que en anos anteriores a proba terá carácter solidario, de xeito que o importe integro da inscrición (3€) será destinado a axudar ós Reis Magos na compra de xoguetes para que cheguen a tódolos nenos e nenas do Concello.

Unha vez inscrito na carreira poderás rexistrar as túas actividades, tantas como queiras, desde o 24 de Decembro ó 6 de Xaneiro (ambos incluídos), co obxectivo de superar entre todas as actividades subidas a cifra de 2020Km. Non importa a túa idade nin o teu ritmo, tódolos Km suman! Ademais con cada participación entras nun sorteo de produtos deportivos!

Non perdas a oportunidade de facer deporte no Nadal dun xeito divertido, ademais de contribuír con unha bonita labor!

As probas rexeranse polo regulamento rexistrado na páxina web de CCNORTE.

QUEN PARTICIPA?

Tes curiosidade por saber onde hai monterrosinos polo mundo adiante? Pois esta edición da San Silvestre vai axudarnos a sabelo!

O mapa que se mostra a continuación irase actualizando coa localidade de cada inscrito nesta edición da carreira. Inscríbete e pon o teu punto no mapa!

Horario

Apertura de inscripcións

Dende o domingo 13 poderás inscribirte no reto común da IV San Silvestre Virtual de Monterroso

Aberto o plazo de participación

Dende o día de Noiteboa poderás participar no reto solidario subindo cantas actividades sexas capaz de realizar

Peche das inscripcións

Lembra que ainda podes seguir participando no reto subindo as tuas actividades

Peche do plazo para a realización de actividades

Dende este momento non poderás participar no reto solidario

Realización do sorteo entre os participantes

Os gañadores serán publicados e informaraselles de como recoller o premio

Inscrición e Lista de participantes

A proba terá carácter SOLIDARIO polo que o importe integro da inscrición (3€) será empregado para axudar ós Reis Magos na compra de xoguetes para que cheguen a tódolos nenos e nenas do Concello. Desde o 24 de Decembro o 6 de Xaneiro (ambos incluídos) poderás subir as túas actividades para lograr o obxectivo común de superar os 2020Km. Recorda que con cada actividade entras no sorteo de un lote de produtos deportivos! Cantas máis actividades, máis posibilidades.

A inscrición pecharase o DOMINGO 27 de Decembro ás 23:59 horas.

Colaboradores e Organizadores